Cargando Eventos

« Todos los Eventos

XVIII Feira Matemática

marzo 22 | 11:00 am

XVIII Feira Matemática

Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ó profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral.

O propósito co que se idea este evento é o de crear un espazo educativo no ámbito matemático, coa vontade de:
• Intercambiar coñecementos, experiencias e procedementos.
• Mostrar aspectos do proceso de aprender e ensinar matemáticas nun ámbito non formal, libre e espontáneo, no que participan nenos, pais, profesores e público en xeral.
• Concienciar á sociedade da necesidade de posuír a suficiente educación matemática que nos permita interpretar feitos elementais do acontecer cotiá.
• Disfrutar das matemáticas e reivindicalas no seu aspecto práctico, lúdico e educativo.

Para iso formulamos os seguintes obxectivos:
• Afondar no ensino – aprendizaxe das Matemáticas nas etapas de Infantil, Primaria e Secundaria.
• Utilizar os distintos postos da FEIRA para acadar unha intercomunicación social matemática, lúdica, práctica e agradable.
• Mostrar á sociedade aspectos relacionados coas matemáticas e recoller dela todo o seu saber popular dentro desta materia.
• Vincular o que se fai nas aulas coa realidade e viceversa.
• Animar a nenos e maiores a resolver problemas diversos.

 

RESUMO DE INFORMACIÓN ÚLTIMA EDICIÓN:

  • Edición: XVIII Feira Matemática
  • Lema: “A maxia das Matemáticas”
  • Data:  22 de marzo de 2025
  • Horario: De 11:00h a 20:00h
  • Lugar: “Hall de Proa” Palexco, A CORUÑA
  • Alumnado: Todas as etapas
  • Participación: Grupo
  • Prazo: Ata o 8 de marzo de 2025 (ou ata completar aforo)
  • Inscrición: Aberto o prazo de inscrición.

Local

Hall Proa de Palexco
Muelles de Trasatlánticos s/n
A Coruña, A Coruña 15003 España
+ Google Map
Teléfono
981228888
Ver la web del Local