Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

(S8) XIII Mostra de Cinema Periférico

27 mayo, 2022 - 6 junio, 2022

A (S8) Mostra de Cinema Periférico recupera a presencialidade e a experiencia colectiva na súa 13ª edición e durante unha semana transformará a cidade en toda unha referencia do cinema experimental e de vangarda, cun amplo programa de proxeccións, obradoiros e performances ao vivo na Domus, a Fundación Luis Seoane, o Palexco e o Porto.

Esta edición do S8 porá o foco nas cineastas das novas xeracións que cuestionan e rompen os parámetros do cinema experimental ou da vangarda orixinal.

A súa programación presencial de cinema galego complementarase cun contido en liña creado para o festival nesta edición. Trátase do proxecto Ultreia et Suseia, un monográfico de cinema galego formado por entrevistas en exclusiva a cineastas como Carla Andrade, Diana Toucedo, Helena Girón e Samuel Delgado,…

Ademais, contará con varios programas e actividades con referentes da creación vangardista a nivel mundial,  como Lee Ranaldo, fundador da banda Sonic Youth, e a escritora e artista visual Leah Singer

Programación completa en https://s8cinema.com

LUGARES: