
XVIII Feira Matemática
marzo 22 | 11:00 am

Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.
A Feira Matemática é unha xornada pensada para a divulgación das Matemáticas e dirixida aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO, BAC e Formación Profesional así como ó profesorado de Matemáticas e a todo o público en xeral.
O propósito co que se idea este evento é o de crear un espazo educativo no ámbito matemático, coa vontade de:
• Intercambiar coñecementos, experiencias e procedementos.
• Mostrar aspectos do proceso de aprender e ensinar matemáticas nun ámbito non formal, libre e espontáneo, no que participan nenos, pais, profesores e público en xeral.
• Concienciar á sociedade da necesidade de posuír a suficiente educación matemática que nos permita interpretar feitos elementais do acontecer cotiá.
• Disfrutar das matemáticas e reivindicalas no seu aspecto práctico, lúdico e educativo.
Para iso formulamos os seguintes obxectivos:
• Afondar no ensino – aprendizaxe das Matemáticas nas etapas de Infantil, Primaria e Secundaria.
• Utilizar os distintos postos da FEIRA para acadar unha intercomunicación social matemática, lúdica, práctica e agradable.
• Mostrar á sociedade aspectos relacionados coas matemáticas e recoller dela todo o seu saber popular dentro desta materia.
• Vincular o que se fai nas aulas coa realidade e viceversa.
• Animar a nenos e maiores a resolver problemas diversos.
RESUMO DE INFORMACIÓN ÚLTIMA EDICIÓN:
- Edición: XVIII Feira Matemática
- Lema: “A maxia das Matemáticas”
- Data: 22 de marzo de 2025
- Horario: De 11:00h a 20:00h
- Lugar: “Hall de Proa” Palexco, A CORUÑA
- Alumnado: Todas as etapas
- Participación: Grupo
- Prazo: Ata o 8 de marzo de 2025 (ou ata completar aforo)
- Inscrición: Aberto o prazo de inscrición.