|

PALEXCO comeza a súa actividade en marzo de 2005. Máis de 18 anos de experiencia previa, xestionando centenares de eventos de todo tipo: empresariais, científicos e culturais avalaban este proxecto e ao seu equipo. Os resultados no se fixeron esperar e no seu primeiro ano de vida e con máis dun centenar de actividades, PALEXCO foi distinguido co premio anual OPC ao mellor Palacio de Congresos de España e, como finalista do premio Apex, situouse entre os tres mellores centros de congresos do mundo e único finalista europeo.

Pertencente á Sociedad de Fomento y Desarrollo Turístico, sen participación pública, PALEXCO débese exclusivamente aos seus clientes, o que se traduce nunha forte vocación de servizo e entrega. Cun equipo experimentado e sempre atento ás tendencias máis vangardistas en deseño e tecnoloxía, garantimos un servizo selecto e un ambiente diferente e exclusivo.
A nosa meta é axudarlle a planificar e celebrar a súa convención, evento, reunión ou feira de máis éxito aquí na Coruña. O noso obxectivo diario: a excelencia no servizo. Contamos con espazos capaces de acoller todo aquilo que os nosos clientes poidan imaxinar, dende pequenas reunións ata xuntanzas de máis de 3.500 persoas no centro da cidade, fronte ao mar.
(+34) 981 22 88 88. ¡Ata pronto!
|