Benvido ó Palexco, Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña. O Palacio de Congresos da Coruña, deseñado polos arquitectos César Portela e Ricardo Bofill, está situado no Peirao de Transatlánticos. O complexo ten unha superficie de 22.000 m2, dividida en dúas grandes zonas: un edificio de 9.0002 destinado a Palacio de Exposicións e Congresos e unha estrutura triangular de 10.0002 que integra unha área comercial e zonas de ocio. PALEXCO, varado en terra sobre a prolongación do propio Peirao de Transatlánticos, emerxe coma un buque de aceiro e cristal, vigoroso e, ao tempo, delicado. A cuberta do edificio define a esencia do proxecto, unha estrutura ampla e ondulada, simulando os movementos do mar. A fachada acristalada, miradoiro privilexiado sobre a badía, e os amplos espazos conseguen unha total interconexión entre o mar e a cidade. |