|

A Coruña é unha cidade dinámica e hospitalaria, chea de enerxía e vitalidade e cun forte legado, sempre presente na súa historia, de arte, lendas e tradicións que conxugan perfectamente coa cidade cosmopolita e moderna que é actualmente.

A cidade é unha península e se encontra rodeada por mar en 12 km. Moitos dos seus atractivos turísticos foron construídos ao longo deste emprazamento natural tan extraordinario, convivindo con aqueles que xa existían, como a Torre de Hércules, de dous mil anos de antigüidade. Este faro romano é a insignia da cidade, compartindo protagonismo coas casas de mariñeiros, famosas polas súas galerías, que fixeron
que a cidade reciba o sobrenome de “A cidade de cristal”.
A Coruña ofrece moitas actividades culturais e de ocio. En calquera época do ano pódese gozar de instalacións deportivas, museos, exposicións, galerías de arte, teatro, concertos, óperas, recitais ou música de cámara. A cidade é ideal para pasear. Podemos visitar o seu casco histórico e as súas praias. No centro existen numerosos comercios de gran calidade.
Ademais A Coruña é unha excelente plataforma para levar a cabo excursións, e a menos dunha hora está Santiago de Compostela, cuxo casco histórico e catedral son de obrigada visita.
|